Diario de Ferrol; martes, 31 de mayo de 2011
Portal de Noticias de Diario de Ferrol: Noticias de la Ciudad, Galicia, España y el Mundo.
Martes, 31 de Mayo de 2011 00:14 Vicente Araguas
A tarde de Madrid, tan de caloraza que apetece saír dela a fume de carozo, encarreira os meus pasos a Ra del Rey,na Calle Reina, onde Ramón Jiménez Pérez presenta o seu libro “Así me pierdo en las ciudades” (Pigmalión). Ramón, abulense de patria, é o eficaz funcionario da Casa de Galicia, a quen sempre teño visto nela, traballador eficaz, espectador incombustible do paso de varios directores pola delegación da Xunta en Madrid. No ínterin Jiménez Pérez, ademais do seu traballo como xestor cultural, ten enguedellado pezas de “origami” e relatos. Contos breves e aínda brevísimos, como flores extrañas e divertidas (e dramáticas e esperpénticas) que son as que conforman este libro: manual de perplexos, náufragos e “felizbusteros”.
Un libro que axiña será pasto lector para quen amen as maneiras absurdas, pánicas e kafkianas de acometer a existencia. Que todo isto é o que escribe Ramón, detrás da súa máscara de home normaliño. Éo. O que dá aínda máis contraste ao seu libro, prologado por Javier Tomeo. E por Ra del Rey andaba tamén esa tarde Ramón Irigoyen, un dos meus poetas favoritos, autor do delirante “Los abanicos del caudillo”, libro-escándalo no seu momento, protagonizado polo ferrolán máis estrafalario do que se teña noticia (e ollo, que algunha competencia xa ten).
A Ramón (nome tan fértil no terreo literario) tiven de cantarlle: “¡Ramón del alma mía! ¡Del alma mía Ramón! Si te hubieras casado…” Nin caso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario